• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sufrido

ANTÓN LAMAZARES

Sufrido
INV:
2573
Año de creación:
1985
Dimensiones:
70 x 50 x 0
Técnica:
Óleo e verniz sobre cartón adherido a táboa

Comentarios

A antropoloxía é o tema desta obra de Lamazares que se converte nun documento sobre o sentido da vida e da morte.

A obra, realizada con materiais pobres, humildes, imponse pola sobriedade da cor, que impacta tanto coma a imaxe do cadaleito de cartón sobre o que se esgaza unha cruz. A madeira serve de base ó cartón, ondulante e vibrante, que se pon ó servicio do autor, que o manipula, o altera con vernices, feríndoo para extraer signos e símbolos, contrastes cromáticos e lumínicos que xeran unha enorme tensión.

O sentimento relixioso do autor, interesado polos ritos, polo nacemento e pola morte, está presente na obra. O negro, a cor do loito asociado tradicionalmente co óbito, símbolo da dor e do sufrimento admite, sen embargo, nesta proposta un novo significado, xustificado na orixe rural do autor, nos seus vínculos coa Galicia campesiña, onde a morte, como sinala Ignacio Castro, adquire un sentido "más ben vitalizante, envolta por unha liturxia de traballos que rescatan esa negrura para a vida común".

Exposiciones

"25 años de arte. 25 años de empresa. Arte gallego para un aniversario". Confederación de Empresarios da provincia de Pontevedra.Vigo. Do 29 de outubro ao 27 de novembro de 2002.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78