• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

ALLEMANDE

JOSÉ MANUEL BROTO

ALLEMANDE
INV:
2572
Año de creación:
1996
Dimensiones:
200 x 200 x 0
Técnica:
Acrílico sobre lenzo

Comentarios

Dende os anos oitenta, a obra de Broto sofre unha grande evolución camiñando, sen abandona-la abstracción, cara a unha obra de lectura máis complexa.

A súa pintura é un mundo que se desfai, que se derrete ante a mirada. As cores flúen na superficie describindo formas vagas, unha estraña paisaxe que parece perde-la súa intensidade, que se desdebuxa e distorsiona gañando con esto en movemento e profundidade.

A imaxe organicista conduce ó eu interior do artista e revela a influencia da mística e do ascetismo aínda que non rexeita a cor, seleccionada para provoca-lo contraste visual. O vermello e o verde penetrante xeran unha gran violencia cromática, reforzando a imaxe poética, de factura perfecta e acabada.

Para Valeriano Bozal “Broto está empeñado en crear imaxes que non poidan ser traducidas a palabras”, unha observación que se confirma coa contemplación desta natureza etérea e vaga,  de difícil descrición, que só pode ser percibida dende a intuición.

Exposiciones

"Broto. La Folía/Obra 1996". Do 24 de outubro ó 23 de novembro de 1996. Galería de Soledad Lorenzo, Madrid.

Reproducciones

"Broto. La Folía/Obra 1996". Galería de Soledad Lorenzo, Madrid, 1996, páx. 29.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78