Puerto Coruña
- INV:
- 2565
- Año de creación:
- 1993
- Dimensiones:
- 110 x 223 x 0
- Técnica:
- Acuarela sobre papel
Comentarios
A atmosfera atlántica é o máis sobresaínte desta obra onde o azul do mar e as luces da noite contribúen a que as formas se desdebuxen nunha paisaxe que ten a cidade herculina como a súa fonte de inspiración.A intensidade da cor acentúase pola transparencia da acuarela que permite que os pequenos puntos de luz branca, realizados con gouache, en contraste cos azuis profundos, brillen con extraordinaria intensidade. A cor non é nítida, difumínase, esvaécese e nunca é pura, é cor que se torna en cor.
Realidade e abstracción confúndense nesta obra de brumas onde a pincelada discorre rápida e certeira, captando o máis difícil, as sensacións, o frío, o olor, a esencia especial da Coruña.
EXPOSICIÓNS:
"Gerardo Porto". Marzo-abril de 1994. Palacio de Exposicións Kiosko Alfonso, A Coruña
REPRODUCCIÓNS:
"Gerardo Porto". Palacio de exposicións Kiosko Alfonso, Concello da Coruña, Coruña, 1994, páx. 80, portada e contraportada
Exposiciones
"A Coruña. A Cidade na Arte" Museo de Belas Artes da Coruña. Do 30 de xaneiro ao 19 de xulio de 2009.