• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sin título

MANUEL MOLEZÚN

Sin título
INV:
2561
Año de creación:
1974
Dimensiones:
49 x 69 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre papel

Comentarios

Composición con pincelada solta e, asemade, respectuosa co rigor xeométrico, nun difícil equilibrio entre liberdade e orde. A obra segue un esquema interno, metódico e coherente a pesar do aparente caos. A composición, a diferencia doutras obras nas que privilexia un centro, presenta dúas zonas de interese claramente diferenciadas. A sobriedade de negros e ocres, a estructura razoada, disciplinadamente construída da dereita, oponse e á vez enriquécese coa abstracción, as manchas xestuais e as veladuras dos vermellos e amarelos da esquerda. É o neocubismo o soporte da peza, pero entendido dunha maneira persoal e particular polo autor, que persegue a fragmentación do espacio pictórico pero sen incluír referencias figurativas. Os planos superpostos, acadados pola interpretación do negro como unha cor da que extrae ricas calidades tonais, e o emprego de veladuras xeran unha gran profundidade e provocan un xogo de ritmos, formas e cores que potencian os valores poéticos da obra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78