• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Mapa dunha illa con dúas torres

FREIXANES

Mapa dunha illa con dúas torres
INV:
2557
Año de creación:
1990
Dimensiones:
140 x 140 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre lenzo

Comentarios

Sobre un fondo gris, creado a base de brochazos, sitúase a illa, concebida como unha gran mancha de intenso brillo da que saen dúas ramas ondulantes e matéricas. Os barnices, as diferentes materias e texturas que o autor presenta na obra, lle permiten ofrecer unha visión ambigua, moi persoal, do mundo e do espacio. Os mapas son símbolos que permiten que Freixanes, "se adentre no problema do misterio". A tea pertence á Serie de Mapas, proposta polo autor coma unha homenaxe a Ptolomeo. O seu interese pola cartografía antiga nace de considerala coma un mundo máxico, coma unha cartografía simbólica, onde importan tanto as referencias reais como as deducidas e imaxinadas. As obras realizadas a comenzos dos anos noventa defínense, en palabras do propio autor, dentro dun "nomadismo evasivo". Son creacións oníricas, de mundos fabulados, fruto da súa paixón polas viaxes e polos mapas, presentados coma unha invitación permanente para que o espectador explore na súa obra e proxecte a súa propia viaxe, a que se realiza coa memoria. EXPOSICIÓNS: "José Freixanes". 1990. Galería Juana Mordó, Madrid REPRODUCCIÓNS: Fotografía da exposición na Galería en: "Freixanes". Excelentísima Diputación de Pontevedra, Vigo, 1992, páx. 17
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78