• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sin título

LODEIRO

Sin título
INV:
2543
Año de creación:
1995
Dimensiones:
65 x 55 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Sobre un fondo bitonal en azul disponse unha figura feminina de costas, solitaria e allea ó espectador. A muller oculta o seu rostro e os seus cabelos, que están totalmente cubertos. A súas vestiduras, touca e saia, limítanse tamén ós azuis. A imaxe, realizada mediante planos, podería quedar reducida a unha simple silueta, unha forma case abstracta, pero o volume está plenamente acadado. O cromatismo uniforme, aplicado á espátula con extraordinaria delicadeza e rigor describe a dirección da luz, de esquerda a dereita, pautada polas gradacións tonais de azuis, que lle confiren verismo e rotundidade á imaxe. A figura humana simboliza a vertente máis social da pintura de Lodeiro e debe ser entendida en clave de compromiso, evidente na austeridade dunha obra que transmite un sentimento case relixioso.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78