• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Vibración

ALEX VÁZQUEZ

Vibración
INV:
2541
Año de creación:
2000
Dimensiones:
80 x 80 x 0
Técnica:
Acrílico sobre lenzo

Comentarios

O mundo que nos presenta Álex Vázquez nace da súa continua fascinación e observación da natureza e dos rincóns de Galicia. Os sentimentos e as emocións fúndense nunha paisaxe reveladora da súa busca persoal, do seu camiño cara a unha natureza cada vez máis libre.

A paisaxe xorde das grandes masas untuosas de cor onde a pincelada xenerosa aporta relevo e a cor se encarga, no seu discorrer pola tea, de suxeri-la luz e o movemento. A cor non é estática senón que se funde e se entremestura xurdindo desa combinación novas e sorprendentes tonalidades tornasoladas.

A sensación de néboa domina toda a composición, o ceo confúndese coa ladeira orixinando un espacio de fantasía, irreal e, ó mesmo tempo, vagamente cotián.



Exposiciones

"Álex Vázquez". Do 7 ó 23 de setembro de 2000. Conxunto histórico de Soutomaior, Deputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra
"Álex Vázquez". Do 14 ó 24 de marzo de 2001. Sala de Exposicións de Caixanova, Pontevedra
"Álex Vázquez". Do 20 de abril ó 13 de maio de 2001. Sala de Exposicións de Caixanova, Estrada
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78