• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Outono

ALEX VÁZQUEZ

Outono
INV:
2540
Año de creación:
2000
Dimensiones:
80 x 80 x 0
Técnica:
Acrílico sobre lenzo

Comentarios

A natureza cobra vida da man deste autor onde a cor domina e se converte nunha linguaxe directa, con capacidade de expresión.

A obra transmite a sensación de atmosfera outonal, de espacio e de luz. A gran forza da paisaxe conséguese a través da pincelada pastosa e da agresiva selección da cor. Os amarelos do primeiro plano contrastan violentamente cos azuis e os morados do fondo. A mancha matérica confire movemento e plasticidade a unha obra viva, pintura pura que pode prescindir da dictadura do debuxo.

A paisaxe é agreste e indefinida e, ó mesmo tempo, profundamente emocional esixindo algo máis que contemplación pasiva, buscando a complicidade e a implicación entre obra e espectador.

Exposiciones

"Alex Vázquez". Do 7 ao 23 de setembro de 2000. Conxunto histórico de Soutomaior, Deputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra.
"Alex Vázquez". Do 14 ao 24 de marzo de 2001. Sala de Exposicións de Caixanova, Pontevedra.
"Alex Vázquez". Do 20 de abril ao 13 de maio de 2001. Sala de Exposicións de Caixanova, Estrada.

Reproducciones

"Alex Vázquez". Deputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 2000, s.p.
"Alex Vázquez". Sala de exposicións de Caixanova, Pontevedra. Díptico.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78