• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Personaje

RIVAS BRIONES

Personaje
INV:
2539
Año de creación:
1981
Dimensiones:
64 x 48 x 0
Técnica:
Tinta chinesa sobre papel

Comentarios

Antón Rivas pinta e retrata personaxes do seu contorno, que pertencen á súa infancia ou están inspiradas en xentes populares e cotiás que el coñece persoalmente. A súa pintura, como el mesmo sinala, é humanista, inspírase na figura do home.

A figura amosa o seu rostro de tres cuartos dirixindo a súa mirada cara á esquerda. As faccións, enxoitas, describen un xesto de desgana. A obra transmite unha gran sensación de tristeza, acentuada polo xesto canso do personaxe, un home desencantado e con poucos soños.

O traballo do autor é flexible, adaptando o debuxo ó que quere comunicar. Emprega un trazo máis minucioso e descritivo no rostro, relegando a pincelada plana e a mancha para o fondo, descompoñendo a figura en planos, que lle confiren un aspecto case xeométrico recordando a experiencias cubistas.

A influencia da xilografía adivíñase no xogo de luces, situando estratexicamente os brancos do papel para suxerir intensos puntos de luz, que penetra na obra pola dereita.

As referencias a Castelao son inevitables na súa obra, na descrición de personaxes nos que a vida está sentida e retada con intensidade.

Exposiciones

"Antón Rivas Briones. Viaxe pola memoria do home". Do 14 de xullo ó 30 de setembro de 2001. Sala de Exposicións Antón Rivas Briones, Vilagarcía de Arousa.

"Exposición Antolóxica de Antón Rivas Briones", do 14 de xullo ó 30 de setembro de 2001 na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa.

Reproducciones

"Antón Rivas Briones. Viaxe pola memoria do home". Concello de Vilagarcía de Arousa, Caixanova, Pontevedra, 2001, páx. 117.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78