Figuras
- INV:
- 2530
- Año de creación:
- 1998
- Dimensiones:
- 34 x 50 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre papel
Comentarios
Unha das series máis importantes e de máis longa duración na traxectoria artística de Abreu Bastos é a serie das "Pedras", que empeza no ano 1976 e se inspira no estudio de rocas que suxiren diversas imaxes.O enigmático grupo de catro figuras femininas recostadas, colocadas nun círculo sobre un espacio a penas insinuado, case indefinido, evoca a representación de deusas da Fecundidade dunha cultura primitiva e ancestral. A composición invita a buscarmos analoxías con imaxes iconográficas vinculadas á simboloxía e aos ritmos cuaternarios, coma as estacións do ano...
O elemento fundamental da obra é a luz, que baña as figuras e reforza os seus efectos de volume. Os corpos, dunha gran solidez, remiten á madeira, ao granito, ás esculturas de Henri Moore, e todo esto define o mundo persoal do artista, sintético, monumental, recreado pola pincelada miúda e precisa que comunica a espiritualidade do tema sen lles restar corporeidade ás figuras.
A sobriedade dos tons terras, que se reducen a ocres, marróns e tostados, inciden no valor escultórico da composición e contribúen á asociación entre natureza e corpo, entre o vital e o inerte.