Ofrenda
- INV:
- 2529
- Año de creación:
- 1984
- Dimensiones:
- 100 x 81 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Será durante a década dos anos setenta cando o autor se introduza na dimensión mística da súa pintura, abordando temas coma os traballos do mar e do campo, os costumes campesiños, a paisaxe... , imbuíndo toda a súa pintura dun sentido relixioso.Nunha obra chea de metáforas e silencios de difícil descrición asistimos, nun espacio imaxinario, a un acto de ofrenda entre dúas figuras eternas e atemporais, a un ritual ancestral que podería estar relacionado cos ciclos de cultivo ou con tradicións do agro.
As figuras, de formas esenciais, escultóricas e sólidas, semellan inamovibles, ancoradas nunha dimensión metafísica, nun universo cheo de harmonía, concibido en envolventes tons rosas e azuis que contrastan coas tonalidades terras dos corpos graníticos que sosteñen as froitas zumentas, dunha intensa cor alaranxada.
A luz baña as figuras e reforza os efectos de volume, o que xera unha sensación de espacio envolvente e de profundidade nunha obra mimada, onde a pincelada se somete á orde e ó repouso dunha creación revestida dun halo de relixiosidade.