• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sin título

ALBERTO DATAS

Sin título
INV:
2528
Año de creación:
1999
Dimensiones:
250 x 200 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Sobre o lenzo espido, interpretado como un campo de acción, o artista desprega toda a súa creatividade, a súa cor e a súa forza expresiva.

Asistimos á representación dunha estraña paisaxe poboada de pequenos seres, de tímidos rostros, un elemento figurativo que non interrompe o discurso da obra.

A tea é belixerante, agresiva, destacando o emprego de rosas, verdes, amarelos e morados combinados con manchóns de cor que parecen amorearse con maior intensidade no centro, configurando unha composición que se expande cara ós lados. A tensión é evidente na disposición dos trazos que describen movementos contrarios, o percorrido vertical dos brochazos na zona central oponse aos ritmos horizontais, dominantes na obra, xerando unha sensación de difícil equilibrio.

O autor exercita a súa creatividade persoal aprendida da súa paixón polos expresionistas americanos. A pincelada é segura, acompañada dun continuo chorreo e goteo de pintura, de brochazos, que lle outorgan á obra unha lectura vertixinosa, delirante, que abruma e non deixa indiferente ao espectador.

Exposiciones

"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol, do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002.  Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela, do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra, do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78