• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Señor con sombrero (El Indiano)

ROMERO MASIÁ

Señor con sombrero (El Indiano)
INV:
2521
Año de creación:
1999
Dimensiones:
160 x 190 x 0
Técnica:
Mixta sobre táboa

Comentarios

A pintura de Masiá está poboada de personaxes curiosos e de vivencias persoais onde combina a súa admiración por Antonio López, cunha abstracción persoal que xera un territorio plástico ambiguo e rico.
A obra, realizada nunha monocromía de cores, grises, brancos e negros, organízase a base de tres grupos de figuras. A posición central está ocupada por un home, vestido cun traxe branco e sombreiro, acompañado por un rapaz negro. Á esquerda, preséntase un tema moi querido polo autor, unha maternidade e, na zona superior, un retrato de dama, introducindo o xogo de cadro dentro do cadro. As figuras sitúanse sobre un fondo en dúas tonalidades de gris que as sitúa no interior dunha estancia.
A paleta que emprega na obra, a limpeza da pincelada e, sobre todo, o vestiario e a estética dos personaxes, remiten ó mundo do retrato fotográfico en branco e negro de comezos de século, ós retratos de indianos e emigrantes, conservando intacto ese sabor a fotografía antiga nos matices amarelados da obra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78