• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Paisaje

ROMERO MASIÁ

Paisaje
INV:
2520
Año de creación:
1998
Dimensiones:
150 x 180 x 0
Técnica:
Mixta sobre táboa

Comentarios

Paisaxe intuída e sentida, nacida, máis que dunha copia mimética, dunha reflexión sobre a propia natureza que nos introduce no mundo inquieto e innovador do autor.

A paisaxe ocupa practicamente todo o espacio compositivo. A liña de horizonte, situada moi alta, consegue unha grande impresión de profundidade pero limita a sensación de aire e de atmosfera a favor do espacio aberto, da vista panorámica da paisaxe, plasmada nunha harmonía de tons. Os verdes, os grises e os brancos da confusa vexetación xogan cos tostados e os ocres no que parecen laiantes edificios realizados nun efectivo collage con papel de periódico.

A pincelada, a materia, a cor combínanse para ofrecer unha visión tradicional e, á vez, moderna da natureza. A renovación dun tema tan clásico coma a paisaxe é posible gracias a unha riqueza de texturas e de formas que conxugan abstracción con figuración e xeometría con mancha, ofrecendo unha visión profunda ó tempo que vangardista da pintura.

Exposiciones

"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002.  Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78