Na costa da morte
- INV:
- 2518
- Año de creación:
- 1964
- Dimensiones:
- 44 x 63 x 0
- Técnica:
- Gouache sobre papel, 33,5 x 49
Comentarios
Tenreiro pinta lugares coñecidos, visitados, dos que capta atmosfera, ambiente e o ser de cada paisaxe.A obra, de extraordinario colorido, sitúa no espacio central o protagonista da composición, o negro esqueleto dun barco varado na praia como un ruinoso recordo do que foi un día.
O colorido agresivo intenta captar o salvaxe e agreste da Costa da Morte galega. O azul do mar, a tranquilidade da paisaxe dominada pola liña horizontal, oponse a un ceo tenebroso, rompido, do que escapa unha luz potente que provén dos vermellos e amarelos intensos. Este contraste cromático e o emprego dunha cor case pura ofrece unha concepción estética próxima a posicións case fauvistas.
A natureza, cargada de dramatismo, á vez que profundamente poética e ambigua, plasma a beleza dunha das paisaxes máis fermosas e lendarias de Galicia, condicionada pola súa tráxica historia de afondamento e náufragos.