Inverno
- INV:
- 2517
- Año de creación:
- 1958
- Dimensiones:
- 47 x 62 x 0
- Técnica:
- Gouache sobre papel, 34 x 49
Comentarios
Exemplo da coñecida como etapa negra de Tenreiro é esta obra, que revela o seu apego aos tons grises, ás paisaxes pintadas entre o crepúsculo e a noite.Describe unha natureza desolada e triste onde o sol está totalmente oculto. O caos e a desorde é o máis sobresaínte deste escenario que ten o gris como cor predominante, onde non existe o debuxo e domina a tonalidade da melancolía. A mancha, a pincelada solta, conseguen reforzar o efecto de tristura, de espacio desdebuxado.
A obra de Tenreiro é tranquila, sobresaíndo en todo momento a paisaxe, que o ten totalmente seducido, pero non unha paisaxe real, senón anímica e calada que define, como el mesmo di, a súa pintura, "a media voz, bastante silenciosa e sen grandes pretensións".