• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Pescadoras

COLMEIRO

Pescadoras
INV:
2514
Año de creación:
1973
Dimensiones:
30 x 42 x 0
Técnica:
Lapis/papel

Comentarios

O recordo nostálxico dun emigrante invade a obra de Colmerio na súa análise, lúcida e obsesiva, da realidade da Galicia rural que sempre o acompañará na memoria. A escena, típica das zonas costeiras, presenta a catro peixeiras na praia coas súas cestas de peixe acompañadas dos mariñeiros que volven dunha dura xornada de traballo. A vestimenta e a posta en escena é a tradicional das xentes do mar, situando a liña de horizonte moi alta, permitindo desenvolve-la composición con comodidade e dándolles prioridade ás figuras sobre a paisaxe. En primeiro termo, as mulleres, escultóricas e monumentais, agrúpanse harmoniosamente en dous grupos, concibidas mediante un debuxo de trazo firme e definido. O planeamento da obra é sinxelo, intúese o orgullo das traballadoras, a dignidade das mulleres do mar retratadas xenericamente, no seu traballo diario e cotián, nunha visión antropolóxica de Galicia, sincera e exenta de todo retoricismo.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78