Comentarios
De medio corpo, ladeada á dereita, ten o rostro case de fronte e a mirada fixa no espectador. Observador rigoroso, plasma a fisonomía da modelo nunha obra de grande elegancia dentro do naturalismo propio dos retratos desta época, fundindo manchas de cor con toques superpostos de ampla pincelada erápida e solta factura que destacan a calidade das teas.