Comentarios
Un entramado de grafías e tracexos labirínticos, de potente colorido, enche o soporte por completo e ata parece desborda-los seus límites cunha arquitectura que goza de enerxía e profundidade. É unha obra pensada con exquisita orde e control que se move entre a forza e a delicadeza e que é sensible á forma e á cor que se coordinan coa poética propia da súa autora.
Bibliografía
Catálogo da III Exposición Arte e Solidariedade, coa obra reproducida na páx. 56.
Exposiciones
Galería vgo, Vigo 1999; "III Exposición Arte e Solidariedade" itinerante por Galicia, 1999-2000.