Comentarios
Sobre un fondo de marróns e negros destaca a cabeza de Joan Miró, xa ancián, coa mirada fixa e o corpo lixeiramente ladeado cara á dereita. Concéntrase na reproducción de rasgos físicos do personaxe e na expresión do seu rostro, penetrando na súa máis íntima realidade. Aplica a cor creando unha transición de tons co efecto luminoso dos trazos brancos.