Comentarios
Cuns xestos que abarcan todo o cadro ou que se interrompen de súpeto, reproduce paisaxes que garda na súa memoria sentimental. Presenta cores que describen o espacio como un escenario no que se representan cousas que o ollo a simple vista non ve. Son imaxes rexidas polo movemento e a cor captadas baixo unha actitude lírica. Imaxes nas que unha pequena póla espida e un aceno poden pór en marcha todo un cadro con marróns avermellados, verdes, grises e marelos que rompen os límites físicos do cadro.