Comentarios
A construcción e a intuición equilíbranse na súa pintura. Cada elemento, cada cousa, aparece perfilada, na forma concreta que representa, froitas, follas, pólas, paxaros, e unha mesa cunha soa pata que se apoia nun paxaro, a carón de corpos xeométricos. O conxunto, que parece desafia-las leis da gravidade e o equilibrio, colócase, en silencio, sobre sombras grises e fondo verdoso, como unha imaxe máxica detida, nun instante, no espacio do cadro sen perde-la sensación de movemento. “Busco a individualidade das cousas, a diferencia profunda que caracteriza incluso as cousas semellantes” declara Castillo con motivo da súa exposición antolóxica organizada en Santiago de Compostela en 1990.