Comentarios
Prego fai uso de certas liberdades pictóricas en canto a texturas e composición e aínda que lle gusta a observación directa do natural esta non é máis có punto de partida para a súa visión persoal das cousas e da paisaxe. O motivo das barcas solitarias e a súa sombra sobre a area da praia é un tema que repetiu Manuel Prego en distintas ocasións en versións diferentes. O formato apaisado da mariña e esa atmosfera que se crea entre a gran celaxe, o mar, e a area mostran a fascinación do artista polos espacios inmensos e solitarios con certo aire romántico do sublime que nos recorda a Courbet nesa humana dimensión visual das cousas que el tiña.
Bibliografía
"Manuel Prego de Oliver". Catálogo de la exposición en el Palacio Municipal de Exposiciones "Kiosko Alfonso". A Coruña. 2006.
Exposiciones
"Manuel Prego de Oliver". Palacio Municipal de Exposiciones "Kiosko Alfonso". A Coruña. Organiza Concello da Coruña. Do 15 de xuño ao 16 de xullo de 2006.
Reproducciones
"Manuel Prego de Oliver". Catálogo de la exposición en el Palacio Municipal de Exposiciones "Kiosko Alfonso". A Coruña. 2006. Pg 51.