Comentarios
Una parella vestida con elegante atavío transita pola cidade entre luces vermellas e ocres que nos transportan ó ambiente parisino creado por Lautrec. A figura do home co seu gran sombreiro de copa e a bufanda vermella ben podería se-lo protagonista dun dos carteis do pintor de Albi. Resucita Quesada uns anos que nos transportan á “Belle Epoque” sen nostalxia, máis ben con ironía. Como bo debuxante e humorista fixa a anécdota, pero son a luz e a cor as que nos suxiren a escena activada polo vermello que domina cunha linguaxe plástica, de materia rugosa, característica nas súas últimas exposicións.
Bibliografía
VV.AA. “Quesada 99” catálogo coa obra reproducida; Faro de Vigo, 9/4/99 reproducese a obra.
Exposiciones
“Quesada 99” Nova Sala de Exposicións Caixavigo, 1999