Mujer vasca, Bermeo
- INV:
- 2399
- Año de creación:
- 1902
- Dimensiones:
- 61 x 63 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
Gran parte da súa fama adquiriuna o artista como retratista, mostrando predilección polos habitantes das aldeas e os paisanos que lle facían de modelo. O personaxe que retrata aquí é unha muller vasca, de avanzada idade, que ten como fondo un fragmento da cidade de Bermeo. A modelo destaca de medio corpo, en primeiro plano, vestida cun sinxelo traxe negro e coa cabeza cuberta cun pano da mesma cor que deixa ó descuberto parte do seu cabelo canoso. O escuro atavío fai resalta-la brancura do seu rostro, iluminado con reflexos verdes e marelos que lle dan un aspecto espectral, en contraste coas cores avermelladas do solpor. Utiliza unha materia densa que se amontoa nalgunhas zonas, como no ceo. Para catalogar esta obra contouse coa colaboración de Rosario Sotomayor.Exposiciones
"Sotomayor, de calle real." Centro Cultural Torrente Ballester. Ferrol. Do 19 de decembro de 2004 al 20 de febreiro de 2005.