• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

La primavera

COLMEIRO

La primavera
INV:
2392
Año de creación:
1953
Dimensiones:
243 x 274 x 0
Técnica:
Óleo/soporte tradicional (arranque strappo)

Comentarios

É este un dos catro murais de Colmeiro dedicados ás estacións do ano, que estaban no edificio do antigo Hotel Moderno de Vigo, do arquitecto Paczevich. La Primavera, o mesmo cós outros tres que completan as estaciónss do ano, foron despegados das paredes en 1977 e permaneceron gardados ata que en 1991 lle foron entregados, para a súa restauración, á profesora de Restauración de Pintura da Escola de Pontevedra, Teresa Orrio, que rematou o seu traballo en 1993. O mural representa a unha familia de campesiños realizando as faenas do campo en primavera. A rapaza, sentada na terra, sobre follas de verdura, é dun candor e unha tenrura subxugante. Colmeiro reflicte algo que sente e comprende moi ben, a vida e a cultura da aldea galega, e a plasma con ese sentido da arte que ten el, que nos fai senti-la forza que liga ó home coa terra, cun efecto sereo e pracenteiro, creando, co debuxo e a harmonía das cores, esa sensación de beleza do que está fóra da realidade, do que é de índole poética.

Bibliografía

Carmen Parada “Lugrís y Colmeiro: de la pared al lienzo” La Voz de Galicia, 5/12/1991; Pablo López “Lugrises de las paredes, y la Primavera de Colmeiro” Faro de Vigo, 16/2/1992 coa obra reproducida con fotografía de Magar; VV.AAA. “M. Colmeiro a través da súa obra” catálogo da antolóxica de 99 reproducido na p. 127; conversacións mantidas con Teresa Orrio desde o seu taller de Compostela en 1999.

Exposiciones

“ M. Colmeiro a través da súa obra”. Antolóxica que tivo lugar na Casa das Artes e Centro Cultural Caixavigo 1999.

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

Reproducciones

"Colección Caixavigo". Tomo 4, páxina 111.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78