Mariña Gaivoteira

- INV:
- 2391
- Año de creación:
- 1998
- Dimensiones:
- 212 x 246 x 0
- Técnica:
- Óleo/Loneta
Comentarios
A afección polo mar vénlle a Correa Corredoira desde a infancia. Seu pai e seu avó, nados en Bouzas, foron patróns de pesca. Nace na Coruña e móvese nun ambiente que indefectiblemente o leva ó espacio do azul, como espacio de liberdade e de vida. Na súa traxectoria artística pasou de traballa-la paisaxe a partir dun espacio físico concreto a creala desde o interior, desde o imaxinado. Poderiamos dicir , con certo temor cara a esa palabra, que as súas mariñas son paisaxes conceptualizadas;“Mariña Gaivoteira” pertence a unha serie dedicada ó mar, plenamente lograda pola riqueza de variacións que desenvolve nela. Esta obra destaca polas vibracións e os ritmos que transmiten eses xestos brancos xeradores de vida en liberdade, pola capacidade de suscitar unha empatía coa natureza, como unha invitación a vivir fóra de todo o chamado realidade virtual, cun xogo visual entre o ceo, o mar, as gaivotas e os peixes que entretecen o seu propio argumento poético.
Bibliografía
Anxo A. Rei Ballesteros "A Memoria sentimental" catálogo da exposición da Estación Marítima de 1999 coa obra reproducida na p.21; Conversacions co artista, en abril de 1999, dende o su taller de Locrendes.
Exposiciones
“Correa Corredoira”. Estación Marítima da Coruña, 1999.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra.Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.