• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Azul (camouflage gretel)

ÁNGEL CERVIÑO

Azul (camouflage gretel)
INV:
2383
Año de creación:
1997
Dimensiones:
196 x 196 x 0
Técnica:
Mixta/tea

Comentarios

Nunha atmósfera dominada polas cores da terra, e case confundida con ela vemos a imaxe dunha lebre cercada por un valo. Pero esto non é mais que un estímulo visual, a obra rebasa a estética do que vemos e cárgase de connotacións filosóficas e antropolóxicas. A lebre é en Cerviño un signo recorrente que se converte nunha función do seu pensamento. Para el, igual que para Beuys, a lebre é un símbolo. Denota a forma acazapada na materia, que nace dela. Significa o movemento, o nomadismo, o crecemento e a multiplicación. Cerviño establece unha asociación de ideas e de emocións ao presentarnos a figura do animal privado da súa liberdade, rodeado por estacas, nun soporte constituído por tres teas, unidas como se se tratara dun tríptico que realza a escenificación do motivo.

Bibliografía

"Gólgota Suite" catálogo da exposición, coa obra reproducida na portada.

Exposiciones

“Precios” Concello da Coruña 1997; “Gólgota Suite” sala de exposicións de Caixa Madrid en Pontevedra, 1998.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78