• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Mujer con paloma

JOSÉ FRAU

Mujer con paloma
INV:
2382
Año de creación:
1951
Dimensiones:
85 x 130 x 0
Técnica:
Óleo/tablex

Comentarios

A protagonista é unha figura feminina cun traxe vermello de amplo escote e gargantilla, cun rostro de pómulos altos e ollos coa mirada baleira, sen pupila. Está sentada ante unha mesa, diante dunha ventá, cunha pomba branca no colo, e un abano azul na man.
A realidade non é mais có soporte referencial para unha maneira de facer, cuns esbozos propios nos que a cor e a materia teñen a sua propia esixencia e vitalidade: pinceladas espontáneas, aplicacións soltas, xestos rápidos, gromos e avultamentos da masa pictórica que desbordan a superficie do cadro nalgunhas zonas. Polos anos en que está datada a obra atopábase Frau en México. É unha época na que pinta personaxes femininas no interior dunha habitación con certas similitudes con Arturo Souto e cun concepto intimista coma o de Édouard Vuillard ou Pierre Bonnard. A pintura insértase no período que López Vázquez clasifica de etapa de plenitude do artista, que abrangue desde 1947 ata a súa morte.

Bibliografía

X.M:López Vazquez "la gran enciclopedia gallega, vol 14p.106.Victoria 1974; Catálogo nº2 de la serie "Grandes artistas Gallegos"catalogada la obra con el nº7,caixavigo1984;F.pablos"J.Frau o fauvismo lírico"catalogo da antoloxica da casa das artes de 1998,nº4 da serie Exposicóns de arte Museo Municipal "Quiñones de león" coa obra reproducida;X.M Lopez Vazquez e Juan Monterroso Montero "Artistas Galegos,Pintores,Vangarda histórica"Vigo,Nova Galicia,edicións 1998 coa obra reproducida na sobrecubertae e na p.113.

Exposiciones

J. Frau” no Ateneo Español de México 1951; “J. Frau” no Centro Cultural Caixavigo 1984, dentro da serie “Grandes Artistas Gallegos”; “J. Frau” Antolóxica na Casa das Artes de Vigo, 1998.

"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002.  Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78