• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Relieve rojo c/hendidura y líneas de púas

LEOPOLDO NÓVOA

Relieve rojo c/hendidura y líneas de púas
INV:
2338
Año de creación:
1992
Dimensiones:
130 x 89 x 0
Técnica:
Mixta/tea

Comentarios

Leopoldo Nóvoa abandonou a figuración en 1958. A partir desa data comezou a facer obras dentro do que se chamou informalismo abstracto, e foi valorando cada vez máis o espacio do cadro con superficies que desprenden misterio e beleza. Crea desde o silencio, introducindo na obra ese elemento meditativo que desencadea no espectador un cambio de mentalidade e o induce a unha experiencia trascendente. A súa obra é como unha montaxe que se levanta sobre o baleiro cunha trama de forzas en tensión que actúan desde o interior do cadro, arqueando a tea, e sobre a superficie, facendo unha fenda e incorporando elementos como cordas con nós e cinzas mesturadas con restos de obxectos queimados, con formas equiparables ás que fai coas liñas, co compromiso da obra de arte de achegarnos ás conflagracións e conflictos actuais.

Exposiciones

"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002.  Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78