Comentarios
Instrumentos musicais, froitas, lenzos pintados e a paleta do artista que parece desdobra-lo perfil dun retrato, aparecen ordenados en torno a unha mesa de patas torneadas, nunha atmosfera de azul transparente que envolve os obxectos nunha aura de soño e misterio, cunha idea transgresora, que vai máis alá da realidade inmediata duns obxectos que se poden atopar no taller dun pintor, abrindo un diálogo entre o existencial e o plástico.