FERNÁNDEZ DEL RIEGO
- INV:
- 2231
- Año de creación:
- 1996
- Dimensiones:
- 69 x 49 x 0
- Técnica:
- TÉMPERA, LAPIS / CARTOLINA
Comentarios
Francisco Fernández del Riego, destacada figura da vida cultural galega, xornalista, escritor, actual presidente da Real Academia Galega e grande orador aparece reproducido de busto, con lentes, traxe e gravata, resaltando o seu branco pelo sobre o fondo ambiental que avala o seu rostro, definido con liñas cargadas de expresividade. Os trazos, precisos, axudados da cor, fixan os trazos máis significativos da súa fisionomía e reflicten a entidade humana do personaxe.