DOS GIRASOLES
- INV:
- 2207
- Año de creación:
- 1996
- Dimensiones:
- 33 x 24 x 0
- Técnica:
- ÓLEO / TEA
Comentarios
O gran tronco temático de Helena de Amaral son as flores, que trata cun significado que vai máis alá do estritamente pictórico. Son o vehículo das súas sensacións ante a natureza, coa que se identifica a través da cor. "O sentido cósmico do sol e da luz son comparables ao fulgor dos xirasoles", dicía Van Gogh, pintor cara ao que a pintora sente unha grande admiración.
As dúas flores colocadas en sentido vertical destacan sobre un escaso fondo esbrancuxado cun acorde de amarelos, alaranxados, marróns e verdes, aplicados cunha enerxía que as fai vibrar, luminosas, sobre a tea.
Bibliografía
"Helena", catálogo da exposición do 96 na Sala de Exposicións, reproducido na portada.
Exposiciones
"Helena", do 19 ao 27 de xaneiro de 1996, en Nova Sala de Exposicións, Caixavigo.