Figuras
- INV:
- 2205
- Año de creación:
- 1970
- Dimensiones:
- 121 x 99 x 0
- Técnica:
- Óleo/tablex
Comentarios
A pintura, realizada ao regreso da súa estancia en Brasil, ofrécenos unha imaxe do mundo campesiño, construída cunha linguaxe sintética, de herdanza cezanniana e cubista. As figuras, colocadas en distintas posicións e en distintos planos, parece como se se completaran unhas con outras cun ritmo que produce unha vibración de vida na escena, confeccionada con equilibrio de formas e unha expresión de implacable serenidade nos rostros. Reflicte na obra unha realidade trascendida en harmonía de marelos, ocres, negros, marróns, verdes, vermellos e brancos.Exposiciones
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol, do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra, do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.