• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Joven leyendo

ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR

Joven leyendo
INV:
2183
Año de creación:
1950
Dimensiones:
111 x 107 x 0
Técnica:
Óleo/tea

Comentarios

Como pintor de retratos, Sotomayor reservou o seu acento máis entrañable para parentes e amigos ós que retrata en ambientes que non son os habituais deste xénero. Cun encadre fotográfico corta a figura da súa filla Mª Josefa, que se atopa sentada cun libro nas mans diante da cama na que está deitada a súa afillada enferma. Os elementos da composición superpóñense en distintos planos encol do fondo do cuarto, nunha pequena distancia na que o pintor introduce un dinámico xogo espacial entre a disposición oblicua do leito e a postura da moza que se separa do respaldo da butaca, de costas ó espectador. Na pintura alternan os pequenos toques rápidos do rostro da enferma cun grafismo fluído da cabeceira da cama, nunha superficie activada con brancos luminosos e vermellos que lles dan volume ás teas e perfilan os debuxos. Os personaxes identificounos Pilar Álvarez de Sotomayor, filla do pintor, que tamén cerfifica a autenticidade da sinatura e a data da execución hacia 1950.

Exposiciones

"Exposición Antológica de Fernando Álvarez de Sotomayor", do 13 de outubro ó 13 de decembro de 1998 no Museo de Bellas Artes de A Coruña, e do 17 de decembro de 1998 ó 18 de xaneiro de 1999 no Centro Cultural Caixanova en Vigo.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78