Después del baile

- INV:
- 2159
- Año de creación:
- 1947
- Dimensiones:
- 116 x 98 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
A obra pertence á etapa de plenitude do pintor, segundo estudios realizados polo profesor López Vázquez. É unha escena intimista que conecta coa estética de Vuillard, Bonnard e a poesía de Mallarmé, que desvela ese misterio insospeitado que se agocha nos fenómenos máis prosaicos. Unha das rapazas, de costas a nós, ergue os brazos por riba da cabeza para desface-lo peiteado fronte ó espello; a outra, coa mirada baixa, apoia o cóbado no bordo do toucador cun ramallete de flores na mar. O xogo de curvas contrapostas e posturas encontradas dan rigor á composición, tratada como se fose un fragmento casual, cabalmente conxugado cos brillos de luz e cor da pintura.Bibliografía
X.M. López Vázquez "Juan Luis" na Gran Enciclopedia Gallega, vol. 18, páx. 119.Exposiciones
"Juan Luis López", do 29 de marzo ó 6 de maio de 2001 no Centro Cultural Caixanova en Vigo, do 11 de maio ó 10 de xuño de 2001 na Aula de Cultura Caixanova en Ourense, do 13 de xuño ó 15 de xullo na Sala de Exposicións Caixanova en Pontevedra e do 19 de xullo ó 19 de agosto no Museo Provincial de Lugo.