El sueño de la abuela
- INV:
- 2153
- Año de creación:
- 1973
- Dimensiones:
- 39 x 49 x 0
- Técnica:
- Augaforte
Comentarios
Nun ámbito propio do soño e a fantasía están sucedendo cousas. A avoa, sentada nunha cadeira, nace construída con follas e paxaros suxeitando entre as súas mans a cabeza que está sobre o regazo. Fronte a ela, a través dun óvalo cheo de luz, van xurdindo personaxes e cousas propias do trasmundo do artista, en medio un peculiar grafismo de círculos e raias. É un mundo que lembra ó de Alicia, a personaxe de Lewis Carroll. Insírese o gravado na chamada por Sepp Hiekish- Picard terceira etapa de Castillo como gravador, que desenvolve durante a súa estancia en Berlín.Bibliografía
Sepp Hiekis-Picard "Jorge Castillo, el gravador" no catálogo da exposición do Castillo organizada pola Xunta en colaboración coa Generalitat de Cataluña e o Axuntamiento de Barcelona, en Santiago en 1990.
"Jorge Castillo", Catálogo da exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela 2001.