Comentarios
Trátase dunha panorámica dunha paisaxe cun punto de vista alto. A mirada esténdese desde as árbores e o tellado do primeiro termo ata a liña ondulada das montañas que subliñan o horizonte. Amplas pinceladas distribuén as masas de verdes, ocres e grises azulados que se ven ó lonxe. O tellado que asoma debaixo, en primeiro plano, fixa unha referencia para as distancias, á vez que revela afoutadamente que a tea non é senón o fragmento dun conxunto máis amplo que continúa fóra dos límites impostos polo marco do cadro.