Comentarios
Bachelier y V. Adam son os autores desta litografía que ten como base un debuxo de Villaamil. O artista sitúanos no interior da catedral que se anima cunha escena, captada como unha instantánea, dun momento determinado. Varios sacerdotes acompañados dalgunhas persoas transitan en procesión detrás dos estandartes que os preceden. Outros personaxes están axeonllados ante unha imaxe. O conxunto, articulado con espontaneidade, ambiéntase con luces abrancazadas.