Comentarios
Entre a realidade e a fantasía emerxen os barcos e, ao fondo as casas, ordenadas de forma escalonada contra o ceo, cunha estructura que conserva a pegada do cubismo sintético. Aparece o porto como unha visión que só se pode ver nun curto espacio de tempo, a medida que cae a luz e entra a noite. Esta sensación de temporalidade, de algo que vai desaparecer aos nosos ollos medra polo efecto da leve materia e maila harmonía das cores, marróns e grises que xogan con brancos e azuis.
Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición "Entre a tradición e a modernidade" reproducido co nº 55.
Exposiciones
"Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.