Comentarios
Co concepto da ventá renacentista, o cadro dentro do cadro, que tamén utilizaran Chirico e Magritte, invítanos Sendón a termos unha relación máis libre coas imaxes, creando un xogo entre a imaxe fixa e maila imaxe en movemento, entre o que é real e o que non é e o que sucede no tempo e no espacio. Os obxectos reais que están sobre o estante de madeira son os accesorios dunha escena artificial que existe así, tal e como a vemos, no momento en que o artista a descobre nun local comercial de Vigo. Na fotografía hai un acento onírico de asociación inesperada entre os obxectos e a foto da paisaxe do fondo, que o artista capta de forma sutil e poética, cunha mirada persoal non exenta de ironía.
EXPOSICIÓNS: "Open Spain". The Museum of Contemporary, de Chicago, itinerante por América e Europa, 1991; "Cuatro direcciones de la Fotografia Española Contemporánea", Centro de Arte Reina Sofia, Madrid, itinerante por Europa e América, 1991; "Galicia, tradición e deseño", Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 1991, Xunta de Galicia.
BIBLIOGRAFÍA: "Open Spain", catálogo da exposición do mesmo título, Lunwerg, 1991 coa obra reproducida; "Cuatro direcciones de la Fotografia Española Contemporánea ", catálogo da exposición do mesmo título, Lunwerg, 1991, coa obra reproducida; "Paisaxes", Manuel Sendón, CEF, Vigo 1991, colección Álbum, coa obra reproducida.