Comentarios
Inmortaliza coa cámara unha escena que era frecuente no Vigo dos anos 50. Era costume daquela achegarse ó peirao para ver marcha-los trasatlánticos que facían escala en Vigo. As figuras dos dous nenos, un sentado sobre o norai de ferro e o outro de pé, de costas ó fotógrafo, nun ángulo da escena, destacan sobre a brancura do barco que ocupa toda a fotografia, deixando ver ó fondo parte da península do Morrazo. Gustáballe a Raniero fixar imaxes da vida, que, co paso do tempo, adquiriron xa un carácter simbólico.
EXPOSICIÓNS:
"I Fotobienal Vigo 84" Concello de Vigo, Xunta de Galicia; "En Galicia nos 50 " dentro da IV Fotobienal, Vigo 90, no Centro Cultural Caixavigo.
BIBLIOGRAFÍA:
"I Fotobienal, Vigo 84", catálogo da exposición do mesmo título, coa obra reproducida na p. 65; A. Ilarri, Mª X. Queizán, e A. R. Reixa "Crónica dunha cidade", Concello de Vigo, 1988, reproducido na p.39; "IV Fotobienal Vigo 90", catálogo da exposición do mesmo título, coa obra reproducida na p.79; "En Galiza nos 50", catálogo que recolle as fotografias realizadas nas Asociacións Fotográficas Galegas, na IV Fotobienal de Vigo, coa obra reproducida na portada
e na p. 35.