Comentarios
Temos dúas figuras de pé entre plantas e gaiolas con paxaros nunha estancia aberta ao fondo por unha fiestra. Os personaxes, con vestimentas campesiñas e expresión inxenua están encadrados nun espacio mínimo cunha sensación de profundidade que vén dada pola disposición do chan e as paredes do cuarto. O acento de pose das figuras queda mitigado polo ambiente de tenrura que brota do conxunto, que trasloce o talante lírico do pintor ao que lle gusta plasmar momentos miúdos, a epopeia das pequenas cousas familiares que quedan no recordo, cun rexistro cromático de marróns, marelos, alaranxados e verdes que deixan marcadas as serdas do pincel encol da tea.
Exposiciones
"Arte galega na Colección Caixavigo S.XX", do 20 de abril ao 24 de maio de 1992 no Auditorio de Galicia, Santiago.
Reproducciones
"Arte galega na colección Caixavigo S.XX", catálogo co nº 83.