Comentarios
Elementos de gran sinxeleza ennobrecen e xustifican unha obra rica e colorista que lle serve ó autor para realizar un estudio de naturezas mortas e obxectos, das diferentes texturas e, sobre todo, da luz que preocupaba e interesaba a un artista amante da observación directa, da pintura nacida do contacto íntimo co obxecto.
A obra é xenerosa en materia, e a cor xorde dunha pincelada cada vez máis libre aínda que Juan Luis non perde nunca, como bo clásico, a definición do debuxo.
O mar e a terra son temas recorrentes na súa obra, non exenta de certo folclorismo e, neste caso, escolleu a humildade dos obxectos dun contorno cotidián e popular, retratados nun forzado primeiro plano, para inmortalizalos coma nunha instantánea fotográfica.
EXPOSICIÓNS:
"III Ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Do 20 de outubro ó 11 de novembro 1989. Aula de Cultura de Caixaourense, Ourense
REPRODUCCIÓNS:
"III Ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Aula de Cultura de Caixaourense, Ourense, 1989