PUERTO
- INV:
- 1566
- Año de creación:
- 1988
- Dimensiones:
- 48 x 67 x 0
- Técnica:
- Acuarela sobre papel
Comentarios
A descarga do peixe no peirao a primeiras horas da mañá é un tema recorrente no autor, que gusta dos temas mariñeiros, do porto e as súas xentes.O barco está atracado no peirao disposto nun escorzo. A súa posición permite captar a proa nun primeiro plano e dar paso ó resto da composición, xerando profundidade na obra, que describe, a babor, as tarefas de descarga e, ó fondo, a presencia de máis embarcacións na zona portuaria.
A factura da obra é impecable, o aire e o mar fúndense nun duelo de azuis, rosas e grises, compoñendo unha atmosfera onde as formas se disolven. O tempo parece estar detido nun traballo que illa os seus protagonistas do mundo, ensimesmados nunha tarefa tan cotiá coma ritual.