• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Gallego

CASTELAO

Gallego
INV:
1531
Año de creación:
1922 - 1924
Dimensiones:
12 x 12 x 0
Técnica:
Tinta chinesa sobre papel

Comentarios

Os pensamentos de Castelao sobre o home e a sociedade da súa época teñen cabida nesta estampa de "Cousas da Vida", que escolle o ser humano como protagonista.

Dous homes míranse atentamente. O personaxe da dereita, cunha face fina, delgada e angulosa, sinala directamente co dedo ó da esquerda. A súa mirada é a de ter realizado algún descubrimento importante. O outro personaxe presenta un rostro moito máis rechonchiño e simpático. Deste xeito tan sinxelo, mediante as diferentes fisonomías, o autor identifica inequivocamente as dúas figuras nunha estampa na que se eliminaron tódalas referencias de fondo, reducindo o debuxo ó máximo.

Fronte ás liñas continuas e redondeadas dos rostros, destacan as rectas das alas dos sombreiros que rompen coa sinuosidade do debuxo, xerando certa agresividade na composición que se corresponde co exabrupto do texto.

Exposiciones

"Os Castelaos de Ourense". Do 15 de marzo ó 15 de abril de 1985. Sala de Exposicións de Caixaourense, Torre de Ourense.

Reproducciones

Carballo-Calero Ramos, Mª. V.; "Os castelaos de Ourense". Caixaourense, A Coruña, 1985, páx. 107.
Carballo-Calero Ramos, Mª. V.; "Os castelaos de Ourense". Caixaourense, A Coruña, 1989, páx. 121.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78