• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Orador político

CASTELAO

Orador político
INV:
1530
Año de creación:
1922 - 1924
Dimensiones:
12 x 12 x 0
Técnica:
Tinta chinesa sobre papel

Comentarios

Un loro con patas moi longas, das que saen unhas mans, está a pronunciar un discurso ante un auditorio. Do público, destaca unha figura que presenta un aspecto sorrinte e retranqueiro.

O debuxo é sinxelo e conciso, de liñas redondeadas. O autor privilexia á figura do primeiro termo fronte ó fondo.

Para Mª. Victoria Carballo Calero, a obra inspírase na arte do cartelismo alemán, de onde recolle o detalle da prolongación das patas rematadas en mans humanas. É evidente o sentido da parodia e da caricaturización desta estampa de "Cousas da Vida", onde se ridiculiza á clase política metamorfoseando a un orador político nun loro parlanchín e mentireiro, reforzando esta idea no texto, onde se recollen as risas do público ante as palabras do político a xeito das actuais series televisivas.

Exposiciones

"Os Castelaos de Ourense". Do 15 de marzo ó 15 de abril de 1985. Sala de exposicións de Caixaourense, Torre de Ourense.
"Castelao. 1886-1950". Do 3 de marzo ó 13 de abril de 1986. Real Jardín Botánico, Madrid.
"Castelao. 1886-1950". Do 3 ó 29 de outubro de 1986. Sala de exposicións de Caixaourense. Torre de Ourense.

Reproducciones

"Castelao. Cousas da vida II". Galaxia, Vigo, 1962, páx. 29.
Carballo-Calero Ramos, Mª. V.; "Os castelaos de Ourense". Caixaourense, A Coruña, 1985, páx. 82.
Carballo-Calero Ramos, Mª. V.; "Os castelaos de Ourense". Caixaourense, A Coruña, 1989, páx. 93.
"Cousas da vida. Castelao. Animais". Galaxia, Vigo, 1999, páx. 29
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78