Gatos

- INV:
- 1529
- Año de creación:
- 1922
- Dimensiones:
- 22 x 17 x 0
- Técnica:
- Tinta chinesa sobre papel
Comentarios
A obra, publicada como "Cousas da vida", presenta a dous gatos situados sobre un tellado. O gato da dereita reprende ó da esquerda, que mantén unha actitude avergoñada, coa cabeza gacha.O debuxo é sinxelo, sobrio, de trazo groso con liñas simples que describen unhas formas sinuosas e ondulantes. Os detalles do fondo redúcense ós elementos mínimos como son a fiestra e unhas ondas para representa-lo tellado.
A presencia de animais é habitual nos debuxos de Castelao, que os reviste de sabedoría e de protagonismo, aínda que non todos son tratados por igual polo autor. Os gatos son vistos con simpatía, son animais independentes que manteñen unha actitude hostil, fronte ós cans, sumisos e servís co amo, nun claro paralelismo entre animal e home que agacha unha crítica intelixente contra a práctica caciquil.
Exposiciones
"Os Castelaos de Ourense". Do 15 de marzo ó 15 de abril de 1985. Sala de exposicións de Caixaourense, Torre de Ourense."Castelao. 1886-1950". Do 3 de marzo ó 13 de abril de 1986. Real Jardín Botánico, Madrid.
"Castelao. 1886-1950". Do 3 ó 29 de outubro de 1986. Sala de Exposicións de Caixaourense. Torre de Ourense.
Reproducciones
"Castelao. Cousas da vida II". Galaxia, Vigo, 1962, páx. 22."Castelao. Cousas da vida-1". Akal, Madrid, 1981, páx. 269.
Carballo-Calero Ramos, Mª. V.; "Os castelaos de Ourense". Caixaourense, A Coruña, 1985, páx. 70.
Carballo-Calero Ramos, Mª. V.; "Os castelaos de Ourense". Caixaourense, A Coruña, 1989, páx. 81.