• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

EL CLAN

VICENTE ARNÁS

EL CLAN
INV:
1495
Año de creación:
1991
Dimensiones:
100 x 100 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo/táboa

Comentarios

Fabulador de historias con imaxes imposibles e visionarias, o autor concibe unha obra na que se esconden múltiples referencias e símbolos iconográficos onde nada é o que parece.

Un home de mediana idade, co rostro de perfil, aparece acompañado dunha serie de acólitos como un mono con gafas ou unha cegoña. As figuras sitúanse sobre un círculo vermello que recorda a unha lúa, que dá paso ó fondo negro da obra. Sen dúbida, o personaxe principal é un bispo vestido cunha curiosa roupaxe relixiosa verde-anfibio e toucado cunha mitra-cola de pez.

O ton satírico está presente nesta obra cargada de barroquismo a través de alegorías e de suxerentes imaxes con dobre sentido. Asistimos a unha lección de Historia da Arte con referencias ó Bosco, a Arcimboldo, ós creadores surrealistas, que lle serven de inspiración para expoñer o seu antidogma persoal, unha crítica á irracionalidade do noso mundo dende a súa particularísima forma de velo e de entendelo.

A factura da peza é acabada, a pincelada minuciosa e o debuxo preciso, case caligráfico, que sorprende pola potencia do seu realismo e a forza da cor acendida, que lle dá a modernidade necesaria para que a obra resulte actual, filla do noso tempo.

Exposiciones

"Vicente Arnás. Realismo Fantástico". 1995. Sala de Exposicións da Aula de Cultura de Caixaourense, Ourense

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78