Retablo
- INV:
- 1466
- Año de creación:
- 1983
- Dimensiones:
- 192 x 185 x 0
- Técnica:
- Acrílico sobre lenzo/táboa
Comentarios
Do interese que o autor sente pola arquitectura popular galega xorde este retablo estructurado en tres corpos que representan diferentes elementos arquitectónicos e iconográficos inspirados na igrexa de Pedre. Situada no concello de Cerdedo, en Pontevedra, constitúe un dos conxuntos máis singulares da arquitectura galega.O corpo inferior componse de catro paneis. O panel da esquerda e o da dereita representan canzorros figurados que soportan os saíntes do tellado, un con dúas cabezas humanas e outro con cabeza de touro. Os paneis centrais resérvanse para a mostra de imaxes propias da iconografía popular coma os cruceiros e os petos de ánimas.
O corpo central recolle a representación de dúas escenas do Novo Testamento, a Adoración dos Reis Magos ante María, San Xosé e un Anxo, e a escena do Calvario con María e María Magdalena.
O remate superior concíbese con catro paneis con elementos arquitectónicos. De esquerda a dereita un canzorro zoomorfo, un van con arco de medio punto e decoración de arquivoltas, o rosetón central sobre o frontón da fachada da igrexa e a cruz patada sobre o Agnus Dei que coroa a ábsida do templo.
A obra realízase nunha sobriedade de tons, intentando en todo momento capta-la cor, a luz e a textura da pedra. Mediante manchas retrata o especial do granito, descóbrense os liques, as humidades e o sentir do material.
A pincelada é solta, libre, pero consegue defini-las formas mediante a impresión precisa e calculada que non oculta os profundos coñecementos do autor no campo da ilustración.
Exposiciones
"Alex Váxquez". 1986. Sala de Exposicións de Caixa Pontevedra. Pontevedra."Álex Vázquez". 1987. Sala de Exposicións Caixaourense, Ourense.
"III Ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Do 20 de outubro ao 11 de novembro 1989. Aula de Cultura de Caixaourense, Ourense.